Colegiación Voluntaria en el siglo XXI

No más voluntades cautivas.
Libertad Colegiación

domingo, 27 de marzo de 2011

Nuevas Inciativas. Galicia se organiza con el apoyo sindical a la libre colegiación

"Iniciativa pola Liberdade de Colexiación nas profesións sanitarias" Declaración de Constitución O Tribunal Constitucional, decidiu, hai unhas semanas, a suspensión cautelar da lei 10/2010 da Xunta de Galicia, que establecía a colexiación obrigatoria dos/das profesionais sanitarios galegos licenciados e diplomados. Nos próximos meses, no desenvolvemento da chamada Lei Omnibus, o Parlamento Español, vai debater e decidir se finalmente a pertenza aos colexios profesionais será ou non obrigatoria en todas as Comunidades Autónomas. Conscientes de que estamos nun momento clave do debate sobre a liberdade/obrigatoriedade da colexiación, os actuais dirixentes dos colexios están desenvolvendo unha forte campaña de presión diante dos responsábeis políticos, e da opinión pública, coa pretensión de que o goberno estableza a obrigatoriedade de colexiación. Pola contra, a voz das e dos profesionais sanitarios que consideramos que a colexiación obrigatoria non ten sentido na sociedade actual e, en consecuencia, defendemos a liberdade de colexiación, está tendo moi pouco eco mediático, malia que moi probabelmente a nosa opción é compartida pola maioría dos profesionais. A “Iniciativa pola Liberdade de Colexiación nas Profesións Sanitarias”: --pretende ser o punto de encontro das/dos profesionais sanitarios galegos que defendemos a Liberdade de Colexiación e rexeitamos a existencia de colexios profesionais de adscrición obrigatoria, independentemente de que algúns opinemos que sería bo que existan colexios profesionais de carácter voluntario e outros non compartamos esa opinión. --quere ser un instrumento que permita que, a opinión pública e os responsábeis políticos, visualicen a existencia dun amplo sector de profesionais sanitarios que defendemos a Liberdade de Colexiación. --persigue persuadir aos responsábeis políticos e aos parlamentarios galegos, de que, cando se vote o desenvolvemento da Lei Ómnibus no Parlamento Español deben apoiar a Liberdade de Colexiación nas profesións sanitarias. Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario